Concerto das Letras con Lucía Aldao
Maio
17
Hora:
20.00
Lugar:
Auditorio da Casa-Museo
Anótao en
O Día das Letras acollemos un concerto no auditorio da Casa-Museo da poeta e cantora Lucía Aldao, que nos presenta o seu proxecto PAVA que plasmou en dous EPs. Unha proposta global de nove temas que a artista traerá en directo xunto a Pablo Silva.
Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica son os pares que tecen o fío condutor deste novo EP producido por Diego Delgado. PAVA e PAVA2 súmanse para crear un proxecto musical expansivo. Nove fermosas cancións nas que, sen dúbida, “canta unha poeta oral”.