Praza de Praterías de Ovidio Murguía

Praza de Praterías de Ovidio Murguía

Detalle dunha vista do lateral da Praza de Praterías de Santiago de Compostela desde as escaleiras que soben á Catedral

Técnica: Lapis sobre papel

Dimensións: 22 cm x 16 cm

Datación: Último cuarto do século XIX

Detalle dunha vista do lateral da Praza de Praterías de Santiago de Compostela desde as escaleiras que soben á Catedral

Ovidio Muguía debuxa  un fragmento da fachada traseira –a que dá á Praza de Praterías– do Museo da Catedral. Na parte inferior dous arcos de medio punto entre os que aparecen dous medallóns renacentistas con bustos. No segundo andar outro arco de medio punto no que se abre unha fiestra. Diante do conxunto un esbozo da escaleira que sobe á Catedral.

Doazón de Juan Naya e Agustín Sixto Seco