Espello da familia Murguía Castro

O espello familiar no 1º andar, a carón do sofá e das dúas butacas
Peza: Espello para uso doméstico.
Material: Madeira e vidro azougado.
Dimensións: Alto de 163 cm e largo de 93 cm.
Datación: Derradeiro cuarto do século XIX.
O espello familiar no 1º andar, a carón do sofá e das dúas butacas
Espello que pertenceu á familia de Rosalía. Enmarcado en madeira que tivo que ser tratado dun importante ataque de couza.
O marco contén unha sucesións de esquinas e molduras sobresaíntes, liñas de pérolas e raias, conxunto coroado por un copete vexetal.
Esta peza pasou a ser propiedade da Fundación por medio dunha doazón no ano 1971.