Casa de Rosalía de Cerámica Celta

Preciosa caixiña de cerámica que reproduce a Cas de Rosalía
Material: Barro cocido policromado e vidrado
Dimensións: 6 cm (alto), 10 cm (largo) e 12 cm (longo)
Data: Anos 50 ou comezos dos 60 do século XX
Preciosa caixiña de cerámica que reproduce a Cas de Rosalía
A peza cerámica representa a Casa de Rosalía, de planta, case cadrada cos seus dous andares e unha cuberta a catro augas, sendo dito tellado a tampa dunha caixiña. Foi producida nos obradoiros de Cerámica Celta, creada en 1925 por Eugenio Escudero Lastra como Cerámica Artística Gallega, pasando logo a chamarse Cerámica Celta cando estivo dirixida por Ramón Diéguez Carlés que foi alcalde de Pontecesures, vila onde estaba a empresa.
A peza foi doada por Marcelino G. Carrero-López.