Busto de Rosalía de Lorenzo C. Valera

Busto de Rosalía de Lorenzo C. Valera

Busto en barro policromado

Material: Barro

Data: Primeiro terzo do século XX

Tamaño: 34 cm (alto) x 32 cm

Busto en barro policromado

Busto de Rosalía de Castro mirando á fronte con toucado sobre o cabelo e lazada no colo, obra do artista Lorenzo Coullaut Valera(1876 – 1932), sobriño do escritor Juan Valera. A Fundación recepcionouno o ano 1971.

En Galicia fixo tamén o monumento a Pardo Bazán na Coruña e a estatua de Enrique Peinador en Mondariz.