Loureiro real da Casa de Rosalía

Con medio século no seu haber existencial, o Loureiro real, a pesar das súas perdas copais, destaca pola súa figura
Prunus laurocerasus L. (SL. Europa, Asia Menor)
Árbore memorable. Salientable pola entidade corporal. Dos tempos da constitución da Casa-Museo.
Con medio século no seu haber existencial, o Loureiro real, a pesar das súas perdas copais, destaca pola súa figura
O porte individual, corpulento e rechamante, e a súa favorable localización no terreo xustifican a súa cualificación como árbore memorable. As súas follas e sementes son tóxicas.
Ano 2005. Imaxe pretérita do loureiro real, con numerosos brazos troncais