Loureiro dos Poetas

Loureiro dos Poetas

Laurus nobilis L. (Rexión Mediterránea)

Árbore monumental. Descendente do loureiro que figura na foto familiar (Rosalía, Murguía e fillos) do ano 1884. 

Este loureiro é o rexistro máis importante da súa especie no país, tanto polas súas características botánicas comno polos seus valores simbólicos

Árbore probablemente herdeira do loureiro diante do que se fixo unha das máis recoñecidas fotografías de Rosalía, o que a convirte nunha árbore con importancia histórica no país. Especie consagrada por gregos e romanos, símbolo da gloria e a vitoria, alén de moi útil en calquera fogar, o loureiro pasou por serias dificultades nos anos 50, mais considérase que debeu sobrevivir algún dos brotes que formaron a árbore actual.