Figueira da Casa de Rosalía

Figueira da Casa de Rosalía

Ficus Carica L (Rexión Mediterránea, Asia Menor)

Árbore monumental e senlleira dos tempos de Rosalía. Un dos rexistros florísticos máis prezados de Galicia.

Figueira monumental unha das árbores protagonistas indiscutible na finca

Esta figueira, xa histórica, leva resistindo heroicamente as inclemencias do tempo e a escasa lonxevidade da súa especie. O exemplar foi perdendo a galanura fisionómica que luciu nos seus mellores tempos, mais grazas aos coidados recibidos nas últimas décadas continúa a ser a principal referencia do Xardín da Casa de Rosalía. Non existe documentación que permita coñecer a data de plantación, mais seguimos a crenza de Maruxa Villanueva, que sempre defendeu a probable plantación por parte da autora, que con estes recoñecidísimos versos non fai máis que alimentar esta posibilidade:

“Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criéi,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantéi,”