Camelia Híbrida Rosalía de Castro

Camelia Híbrida Rosalía de Castro

Leva o nome de Rosalía de Castro, elixida con acerto para honrar a poeta da ila do Sar [Nesta imaxe a camelia desde dentro do xardín]

Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L. (procedencia hortícola)

Árbore memorable. Plantada no ano 1968 na honra de Rosalía. Doazón da casa portuense Moreira da Silva. 

Leva o nome de Rosalía de Castro, elixida con acerto para honrar a poeta da ila do Sar [Nesta imaxe a camelia desde dentro do xardín]

A súa principal distinción márcaa o feito de tratarse dunha camelia creada en honra da poeta e que leva, polo tanto, o seu nome. De orixe portuguesa, diferenciable pola súa floración prolongada, entre novembro e abril, con flores vistosas, semidobres, grandes, vermello-alaranxadas. Unha creación do afamado establecemento viveirícola luso MOreira da Silva e Fillos, no Porto: o primeiro exemplar obtido foi bautizado co nome da autora e regalado en 1968 á Casa-Museo.