Casa natal de Rosalía no Camiño Novo, Conxo, hoxe Santiago de Compostela. Fotografía recollida de Vida Gallega

A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual. O seu relato é enteder desde a perpectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe… á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días. Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.

1837
1838-1850
1851-1860
1861-1870
1871-1880
1881-1884
1885-1891

CasaNatalNaceu o 23 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), que daquela pertencía ao Concello de Conxo (hoxe Santiago de Compostela). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía (1804-1862), da fidalguía rural padronesa, e do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871). Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai. O presbítero consigna na partida: “María Francisca Martínez…fue madrina de una niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa”.

CasaOrtonho

Durante os primeiros seis meses de vida foi aleitada na aldea do Santo en Ortoño. Despois criouse con súa nai e familiares desta e coa madriña nunha casa da familia materna na Rúa do Sol (hoxe Xoán Rodríguez de Padrón). 

En 1850, ou tal vez antes, trasládase con súa nai a Compostela, onde participa nas actividades do Liceo de la Juventud, nas que destaca como actriz.

 

laFlor1851-1855: Reside coa súa nai en Santiago (Bautizados, 6). É probable que estivesen Compostela desde 1847. En 1854 protagoniza Rosamunda de Gil y Zárate no Liceo de la Juventud de Santiago.

1855-1856: Reside coa súa nai en Padrón, aínda figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de Compostela), sé do Liceo de la Juventud.

1856-1858: Viaxa en abril de 1856 a Madrid. Residirá na casa da súa tía María de Castro (Ballesta, 13).

1857: Publica o seu primeiro libro, o poemario ‘La Flor’ (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de Murguía.

1858: O 10 de outubro casa con Manuel de Murguía en San Ildefonso de Madrid e publica a súa primeira novela: ‘La hija del mar’. Comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”.

1859: Primeira novela, ‘La hija del mar’ (Madrid/Vigo). Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago (Conga, 1). Apadríñaa o político Alejandro Chao. Finará en 1937.

1860: O 31 de xaneiro intervén como actriz en Santiago, nunha velada teatral a beneficio dos soldados feridos na guerra de África.

CantaresGallegos1861: Reside algún tempo en Madrid. Primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes” (El Museo Universal).
Publica por entregas ‘Flavio’, ambientada na Terra de Iria.

1862: Morre súa nai en Compostela de xeito repentino. Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela.

1863: Domicilio en Santiago, Mercado Vello 7 -2º (hoxe Praza da Universidade, 4).
Publica ‘A mi madre’ e ‘Cantares gallegos’, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia (Vigo, Juan Compañel).

1864: Publica o seu único conto en galego coñecido baixo un título que supón un proxecto máis amplo: “Contos da miña terra”.
Os seminaristas de Lugo ameazan con apedrar a imprenta de Soto Freire para lle impedir que publique, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía “El Codio” (texto que ninguén coñece).

1865: “Las literatas (Cartas a Eduarda)”, artigo sobre a condición feminina, en Almanaque de Galicia (Lugo).

1866: ‘Ruinas’, novela publicada por entrega en El Museo Universal de Madrid.

1867: Publica a súa novela máis longa e ambiciosa: ‘El caballero de las botas azules’.

1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.
Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942.

1869-1870: En Simancas escribe grande parte do poemario ‘Follas Novas’. A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid (Claudio Coello, 13- 3º) e coñece a Bécquer.
Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña.

follasnovas1871: Reside co seu home na Coruña ata 1874. Nacen en Lestrobe os xemelgos Gala e Ovidio. Gala finou en 1964. Ovidio, que foi pintor de certa calidade, finará na Coruña en 1900.

1872: Segunda edición de ‘Cantares Gallegos’ (Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de Rosalía.

1873: Nace na Coruña, Príncipe 3-2º (hoxe Padilla) Amara, que finou na mesma cidade, en 1921.

1875: Nace en Santiago (Senra, 17 principal) Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois.

1877: Nace morta en Santiago Valentina.

1878-1879: Vive en Santiago, primeiro en Altamira 2 e, despois en Hórreo 9.

1880-1881: Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía alterna a súa residencia en Santiago con estancias en Lestrobe.

1880 Publícase ‘Follas Novas”, obra que a consagra como poeta galega.

Familia-na-Matanza1881: Publicación de ‘El primer loco’, co apéndice de “El domingo de Ramos”. Tamén neste ano asina en Lestrobe varias entregas co título de “Padrón y las inundaciones”.

1882-1883: Publica un número considerable de poemas casteláns na Ilustración Cantábrica (Madrid) e en La Nación Española (Buenos Aires) que recollerá no libro ‘En las orillas del Sar’. Polo menos desde 1883 vive no lugar de A Matanza (Padrón) na que, desde 1972, é Casa-Museo gobernada pola correspondente Fundación.

1884: Publica o seu último libro de poemas: ‘En las orillas del Sar’.

CamaMorte1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. O certificado de defunción consigna: “…a consecuencia de una degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Adina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.

1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.