María Cardarelly, un lóstrego na fotografía galega

PDF [7Mb]

O fotohistoriador Carlos Castelao publica un artigo sobre a importancia de María Cardarelly dentro do mundo da fotografía en Galicia, unha das primeiras fotógrafas en España. A súa dedicación foi fugaz, mais ficou gravada xa por sempre na memoria colectiva a través de Rosalía, precisamente ao contribuír dun xeito terreal á súa imaxe inmortal. Poden descargalo aquí.

De Cantares Hoxe

PDF [1Mb]

36 poetas recrean os poemas de ‘Cantares gallegos’ nun proxecto editado pola Fundación Rosalía de Castro e a Radio Galega. Acompáñase dun CD coas emisións radiofónicas realizadas no Diario Cultural ao longo do ano 2013 e que ademais da lectura dos poemas na voz dos seus autores e autoras. Poden descargalo aquí.


150 Cantares para Rosalía de Castro

PDF [8Mb]

Libro dixital en homenaxe a Rosalía de Castro, editado por Suso Díaz, que reúne 150 poemas de escritores galegos inspirados noutras tantas estrofas de ‘Cantares gallegos’. Poden descargalo aquí.


As Tres Rosalías

Html

Pepe Barro, deseñador e autor do novo proxecto museográfico da Casa-Museo, publica un texto sobre as principais imaxes de Rosalía que leu o 15 de xullo de 2014 na Casa da Matanza. Poden lelo aquí.


Unha primeira edición de ‘Cantares gallegos’ con fotografía, autógrafo e carta de Rosalía

PDF

Anxo Angueira publica un estudo sobre o exemplar da primeira edición de ‘Cantares’ atopado en 2013 en Vigo, xunto cunha fotografía, un autógrafo e unha carta de Rosalía. Poden lelo aquí.


O deseño de Portela que mudou a imaxe de Rosalía

Html ou PDF

Esta investigación amadora sobre un dos retratos máis difundidos da iconografía rosaliana –do que se descoñecía autoría, data de creación e técnica–, consegue demostrar que esta imaxe é un debuxo, probablemente a carbón, deseñado por Antonio Portela Paradela no ano 1902 en Madrid. Le o estudo de Lois Rodríguez aquí.


 

Share