Se tes unha conta de Google (Google+, Gmail etc), podes engadir o teu acto neste mapa.
Clica aquí, preme no botón de editar, coloca un novo pin no lugar da túa alborada e cubre os datos que che solicitan no recadriño.


montaxe-alboradaDesde a Fundación Rosalía e a Asociación de Gaiteiros Galegos volvemos organizar para o 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento) a Alborada para Rosalía de Castro, para o que facemos un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia (e non só: tamén a outros músicos: sexades pandereteiras, requinteiras, tamborileiras, etc.) para dar unha alborada de gloria na súa honra, ao igual que se fixo en 2013.

Se es un gaiteiro ou gaiteira, ou músico en xeral, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra).

Se non tocas ningún instrumento, en primeiro lugar disfruta da Alborada e logo difunde: faille fotos ou grava vídeos (vale co móbil, claro). Logo compárteo nas redes sociais.

Velaquí toda a información e instruccións para facelo:

RECOMENDACIÓNS


Promociona

promoPara que o teu acto teña a maior difusión, descarga o cartel da Alaborada (no kit de abaixo), compárteo nas redes sociais co cancelo (hashtag) #AlboradadeRosalía, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas…

Localiza

pin-mapaEntra no mapa de arriba e coloca a localización e datos do acto. Se non podes facelo, envíanos os datos de organización, hora, lugar, poboación e outros que consideres necesarios ao noso correo.

Comparte

compartirComparte as fotos que fagas en Instagram, Twitter e Facebook. Os chíos deben levar o cancelo  #AlboradadeRosalía. Se subes fotos ao teu FB, etiqueta nelas á Fundación Rosalía e á Asociación de Gaiteir@ Galeg@s. Problemas, dúbidas? Mándanos un mail!

Grava

youtubeGrava no teu móbil ou na túa cámara a Alborada e logo súbea a Youtube ou ao Facebook e envíanos a url a este correo coa URL, e engadiremos o teu vídeo á playlist para que o poidamos ver todos e todas.

KIT DE ORGANIZACIÓN


Cartel

Clicando na imaxe podes descargar o cartel en PDF [0,3Mb], imprimilo, distribuílo e así convocar o teu acto.

Manifesto

Mini-Manifesto-AlboradaTexto do Manifesto que recomendamos ler despois de interpretar a Alborada. Preme na imaxe [PDF, 62Kb]

Letra

Mini-Letra-AlboradaSe alguén ten interese ou se ve con azos de cantar, a Alborada ten letra. Na icona de arriba [PDF, 50Kb]

Partitura

Mini-Partitura-AlboradaA Partitura da Alborada premendo na imaxe [PDF, 0,6Mb]. Se preferides escoitar a música, clicade aquí.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A ALBORADA DE ROSALÍA


O texto

descargar-pdfSignificado da Alborada de Rosalía.
Texto de Anxo Angueira, escritor e presidente da Fundación Rosalía. Descarga premendo na icona [35Kb]

A música

descargar-pdfHistoria da música da Alborada.
Texto elaborado sobre un artigo de Filgueira Valverde en 1966. Clica e baixa o PDF [64Kb]

Share