O Roteiro

A Casa-Museo de Rosalía ofrece a posibilidade de realizar un roteiro rosaliano por Padrón guiado polo especialista en Rosalía e en historia da arte, ademais de escritor, Manuel Lorenzo Baleirón. Percorrerá os seguintes lugares: Estatua de Rosalía, Casa na Rúa do Sol, Cemiterio de Adina, Casa Grande da Arretén, Casa-Museo de Rosalía e Torres de Hermida (opcional).

Outros datos:

  • Percorrido: 3 km e 3 horas de duración
  • Prezo: 4€ por persoa (para colexios, 3€)
  • Só para grupos (mínimo 20 persoas)

Máis información e reservas na Casa-Museo: 981 811204

Descargar folleto do Roteiro (PDF 2,6Mb)