Rosa de Galicia para a familia de Agustín Sixto Seco

Rosa de Galicia para a familia de Agustín Sixto Seco

A Fundación Rosalía de Castro concedeulle o pasado 15 de xullo, dentro das actividades do festival Abride a Fiestra, a Rosa de Galicia á familia de Agustín Sixto Seco. 

A Fundación Rosalía de Castro concedeulle o pasado 15 de xullo, dentro das actividades do festival Abride a Fiestra, a Rosa de Galicia á familia de Agustín Sixto Seco.

Agora  que a Casa de Rosalía foi acondicionada no seu interior e foi actualizado o se discurso expositivo, a Fundación pon os ollos na figura dun galeguista artífice daquela decisiva rehabilitación dos primeiros anos setenta que converteu a casa en Casa-Museo e esta nun espazo de referencia da cultura galega contemporánea. Arredor da Casa de Rosalía foron ademais creándose novos espazos hoxe imprescindibles, coma o auditorio ou o CER. Os seus 34 anos de presidencia foron unha entrega constante e xenerosa á causa rosaliana en múltiples frontes.

A Rosa de Galicia é unha insignia que concede a Fundación Rosalía de Castro a persoas ou institucións que se significaran na defensa da figura da escritora ou na promoción do legado rosaliano. Trátase dunha insignia de ouro co novo deseño da Fundación que foi realizado por Pepe Barro. 

Durante un acto presentado por Ana Blanco que tivo lugar no festival Abride a Fiestra o pasado 15 de xullo, o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, entregoulle a Rosa de Galicia a Marié Sixto en representación de toda a familia. 

Agustín Sixto Seco (Mugardos 1926 – Santiago 2004) foi un médico e intelectual galeguista. Presidiu o Patronato Rosalía de Castro (logo Fundación Rosalía de Castro) desde decembro de 1970 até o seu pasamento en 2004. Tamén dirixiu a Fundación Otero Pedrayo, foi o primeiro secretario do Consello da Cultura Galega e padroeiro fundador do Museo do Pobo Galego, entre moitas outras responsabilidades no mundo da cultura galega.