O deseño de Portela que mudou a imaxe de Rosalía

Unha investigación amadora de Lois Rodríguez sobre un dos retratos máis difundidos da iconografía rosaliana –do que se descoñecía autoría, data de creación e técnica–, consegue demostrar que esta imaxe é un debuxo, probablemente a carbón, deseñado por Antonio Portela Paradela no ano 1902 en Madrid.