Presentación do ‘Tesouro espeleolóxico galego’

Hora:

19:00

Lugar:

Auditorio da Casa-Museo

O mércores 28 de decembro acollemos a presentación do libro ‘Tesouro espeleolóxico galego’ (Folque, 2022), en modo café científico-literario, coa escritora Alba Cid e Tereixa Otero (Clube Espeleolóxico Maúxo), introducidas por Anxo Angueira. 

Poesía e ciencia danse a man nesta singular proposta concibida a modo de café científico-literario p. E fano cunha das novas voces da poesía galega, cun universo propio e cativador Alba Cid, e cunha das espeleólogas máis reputadas e experimentadas dentro do panorama galego, Tereixa Otero. Este encontro permitirá dun xeito ameno un diálogo entre a cultura espeleolóxica e a creación literaria para ofrecer, dunha maneira fermosa, natural e libre unhas sesións sensoriais que introduzan as persoas asistentes no profundo do imaxinario creativo das covas galegas.