Presentación do libro gañador do Certame Poético Rosalía de Castro

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa-Museo

Este venres 14 de marzo ás 19 horas terá lugar no Auditorio da Casa-Museo a presentación do libro ‘Actas de sospeita’ o pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso, gañador do X Certame Poético Rosalía de Castro. 

A obra foi seleccionada entre 43 traballos presentados e descrita polo xurado como “unha visita renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936, cunhalinguaxe patrimonial moi rica e unhas constantes estilístas de boa factura”.

 Xurxo Alonso García conta cunha extensa traxectoria literaria, con nove libros publicados e numerosos premios.

Haberá un libro de agasallo para cada asistente.