Otero Pedrayo con Rosalía de Castro

Hora:

20.00

Lugar:

Auditorio da Casa de Rosalía

A Casa de Rosalía únese ao Ano Oteriano polo 50 cabodano do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, cunha actividade titulada “Otero con Rosalía” que terá lugar o mércores 22 de abril ás 20 horas no auditorio da Casa de Rosalía.

O acto constará de dúas partes: por unha banda haberá un coloquio entre Xosé Manuel Salgado e Patricia Arias Chachero, especialistas na vida e obra de Otero Pedrayo, que moderará Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Por outra banda, proxectarase a audición do histórico discurso de Otero do ano 1958 en Padrón, xunto coa proxección de imaxes dos actos do Espolón 1957 (inauguración da estatua de Rosalía) e 1958 (coroación de Ramón Cabanillas) do Arquivo Camilo Agrasar. Otero protagonizou estes dous actos de masas cun discurso galeguista converténdoo nun acto antifranquista coa presenza das autoridades do réxime. Alí estaban todas as xeracións literarias da Galiza comtemporánea: desde Cabanillas ata a Xeración Nós con Otero e os mozos (Ferrín, Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro e outros).