Mostra do Herbario de Rosalía no Rosal

Lugar:

Salón de Exposicións do Concello

18 DE SETEMBRO – 1 DE OUTUBRO

Exposición ‘O Herbario de Rosalía’ no Rosal

Mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.

Non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario, unha auténtica homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza. Tentamos aproximarnos ao herbario que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.

Autoras: María López Sández, Mabel Fraga e Miguel Fraga (fotografías)

CSC de Cornes
Salón de Exposicións

Concello do Rosal

[Patrocina a Deputación de Pontevedra]