Mostra do Herbario de Rosalía no Rosal
Lugar:
Salón de Exposicións do Concello
Anótao en
18 DE SETEMBRO – 1 DE OUTUBRO
Exposición ‘O Herbario de Rosalía’ no Rosal
Mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.
Non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario, unha auténtica homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza. Tentamos aproximarnos ao herbario que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.
Autoras: María López Sández, Mabel Fraga e Miguel Fraga (fotografías)
CSC de Cornes
Salón de Exposicións
Concello do Rosal
[Patrocina a Deputación de Pontevedra]