Inchadiña Branca Vela 2026
Lugar:
Ría de Arousa -> Río Ulla -> Río Sar (Porto de Rianxo - Vilarello - Padrón)
SÁBADO 1 DE AGOSTO
11.00 Saída do porto de Rianxo
16.30 Saída de Vilarello (Cordeiro, Valga)
18.00 Chegada prevista ao Espolón de Padrón (aproximada)
O 1 de AGOSTO uniranse á “Inchadiña branca vela” embarcacións tradicionais de todo o país, nunha nova homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro. E xa van doce! Subirán Ulla e Sar embarcacións chegadas de toda Galicia, chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa.
O percorrido será o de sempre, mais tamén haberá embarcacións que saian de Rianxo ás 11 horas: subirán ás 16.30 horas desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no Espolón de Padrón.
Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que en ‘Cantares’ falaba das dornas que subiran Ulla arriba no seu tempo. Velaquí a estrofa:
¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»
