Exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía en Pontedeume

Lugar:

Praza do Convento, Pontedeume

O 1 de xuño ábrese a exposición itinerante “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”, comisariada por Pepe Barro, que estará na Praza do Convento de Pontedeume ata o 14 de xuño e logo percorrerá ducias de localidades de todo o país. Esta mostra exterior fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, convertiuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa. 

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos e innumerables asociacións de todo o país.

Co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. 

ITINERANCIA:

10-24 de novembro 2021: A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) – apoiado polo Concello da Coruña

26-28 de novembro 2021: Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra)

29 de novembro – 27 de decembro 2021: Pontevedra (Paseo de Montero Ríos, Alameda) – apoiado pola Deputación de Pontevedra

28 de decembro – 25 de xaneiro: Santiago de Compostela (Alameda) – apoiado polo Concello de Santiago 

26 de xaneiro – 24 de febreiro: Padrón (Praza de Ramón Toxo) – apoiado polo Concello de Padrón

25 de febreiro – 21 de marzo: Lugo (diante da Deputación de Lugo) – apoiado pola Deputación de Lugo 

22 de marzo – 5 de abril: Pobra do Caramiñal (Praza do Emigrante) – apoiado pola Deputación da Coruña 

5 de abril – 19 de abril: Arzúa (Campo da Feira) – apoiado pola Deputación da Coruña 

20 de abril – 3 de maio: Ferrol (Praza da Constitución)  – apoiado pola Deputación da Coruña 

4 de maio – 17 de maio: Arteixo (Anfiteatro)  – apoiado pola Deputación da Coruña 

18 de maio – 31 de maio: Cee (Praza da Constitución, Alameda)  – apoiado pola Deputación da Coruña 

1 de xuño – 14 de xuño: Pontedeume (Praza do Convento)  – apoiado pola Deputación da Coruña 

15 de xuño – 28 de xuño: Noia  – apoiado pola Deputación da Coruña