Exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía en Ferrol
Lugar:
Praza da Constitución, Ferrol
Anótao en
O 20 de abril ábrese a exposición itinerante “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”, comisariada por Pepe Barro, que estará na Praza da Constitución da Ferrol ata o 3 de maio e logo percorrerá ducias de localidades de todo o país. Esta mostra exterior fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, convertiuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa.
Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos e innumerables asociacións de todo o país.
Co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
ITINERANCIA:
10-24 de novembro 2021: A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) – apoiado polo Concello da Coruña
26-28 de novembro 2021: Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra)
29 de novembro – 27 de decembro 2021: Pontevedra (Paseo de Montero Ríos, Alameda) – apoiado pola Deputación de Pontevedra
28 de decembro – 25 de xaneiro: Santiago de Compostela (Alameda) – apoiado polo Concello de Santiago
26 de xaneiro – 24 de febreiro: Padrón (Praza de Ramón Toxo) – apoiado polo Concello de Padrón
25 de febreiro – 21 de marzo: Lugo (diante da Deputación de Lugo) – apoiado pola Deputación de Lugo
22 de marzo – 5 de abril: Pobra do Caramiñal (Praza do Emigrante) – apoiado pola Deputación da Coruña
5 de abril – 19 de abril: Arzúa (Campo da Feira) – apoiado pola Deputación da Coruña
20 de abril – 3 de maio: Ferrol (Praza da Constitución) – apoiado pola Deputación da Coruña