Expo ‘O Herbario de Rosalía’ no Campus de Ourense
Lugar:
Edificio Politécnico
Anótao en
1-12 DE ABRIL
Exposición ‘O Herbario de Rosalía’ no Campus de Ourense
Mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.
Non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario, unha auténtica homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza. Tentamos aproximarnos ao herbario que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.
Autoras: María López Sández, Mabel Fraga e Miguel Fraga (fotografías)
Edificio Politécnico
do 1 ao 12 de abril