Expo ‘O Herbario de Rosalía’ en Ames

Lugar:

Pazo da Peregrina (Ames)

16 de marzo – 2 de abril: Exposición ‘O Herbario de Rosalía’ en Ames 

Mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.

Non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario, unha auténtica homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza. Tentamos aproximarnos ao herbario que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.

Autores: María López Sández, Mabel Fraga e Miguel Fraga (fotografías)

Horario de apertura da expo: 

Pazo da Peregrina (Bertamiráns)
do 16 de marzo ao 2 de abril
 
Xoves e venres de 17 a 20h
Sábados e domingos tamén de 11 a 14h
 
Inauguración: 16 de marzo ás 14 horas