Expo sobre 50 anos da Casa de Rosalía en Santiago

O 28 de decembro ábrese a exposición itinerante “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”, comisariada por Pepe Barro, que estará na Alameda de Santiago ata o 25 de xaneiro e logo percorrerá ducias de localidades de todo o país. Esta mostra exterior fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, convertiuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa. 

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos e innumerables asociacións de todo o país.

Co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. 

ITINERANCIA:

10-24 de novembro 2021: A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) – apoiado polo Concello da Coruña

26-28 de novembro 2021: Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra)

29 de novembro – 27 de decembro 2021: Pontevedra (Paseo de Montero Ríos, Alameda) – apoiado pola Deputación de Pontevedra

28 de decembro – 25 de xaneiro: Santiago de Compostela (Alameda) – apoiado polo Concello de Santiago