Expo ‘Airiños aires, Rosalía’ na Coruña

Lugar:

Asociación Alexandre Bóveda (A Coruña)

Continúa a itinerancia por Galicia da exposición fotográfica ‘Airiños aires, Rosalía’ de Xurxo Lobato. Agora chega á Coruña, onde se inaugura o venres 22 de novembro ás 19 horas na sede da Asociación Alexandre Bóveda da Coruña (Olmos, 16 1º). Aberta ata o 22 de decembro.

A exposición -e tamén o libro- inclúe imaxes relacionadas coa vida de Rosalía, cos lugares nos que viviu e coa trascendencia que acadou a súa figura.