Conferencia de Anxo Angueira

Hora:

19.00

Lugar:

Ámbito Cultural de El Corte Inglés (Santiago de Compostela)

O vindeiro martes 13 de maio o presidente da Fundación Rosalía de Castro ofrecerá unha conferencia no Corte Inglés de Santiago de Compostela sobre “A música, Rosalía e a súa obra”.

A súa disertación tratará sobre a formación musical de Rosalía de Castro, que tocaba varios instrumentos, o que supuxo unha proxección musical na súa obra e, á súa vez, que esta convertese a Rosalía na autora máis musicada de Galicia.

Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é presidente da Fundación Rosalía de Castro desde 2012, académico da RAG, profesor da Universidade de Vigo, escritor e un dos principais especialistas na obra de Rosalía.