Concerto de Sheila Patricia
Hora:
19.00
Lugar:
Auditorio da Casa-Museo
Anótao en
Celebramos o Día das Letras cun concerto de Sheila Patricia, unha artista galega cunha traxectoria marcada pola investigación sonora, a forza interpretativa e unha mirada feminista e contemporánea sobre a tradición. O seu proxecto constrúese desde a honestidade creativa e a constante transformación, facendo da música un espazo de identidade, revelación e empoderamento.
Desde os seus inicios, Sheila Patricia desenvolveu unha linguaxe propia na que a voz ocupa un lugar central: potente, coidada e profundamente expresiva. A súa maneira de cantar bebe do imaxinario colectivo da tradición oral galega, dialogando coa memoria das mulleres que a precederon e traendo ese legado ao presente cunha mirada persoal e actual.
A guitarra e o formato acústico foron sempre un punto de partida esencial no seu camiño creativo, entendidos non como límite senón como base desde a que explorar, improvisar e expandir. Para despóis crear proxección sonora cara as sonoridades electrónicas, a fusión e a experimentación.
Compositora, dende sempre leva consigo un repertorio que parte das propias creacións e tamén da tradición oral.
[Entrada libre até completar capacidade]
