150 anos de Rosalía na Coruña
Lugar:
A Coruña
Anótao en
Nestas xornadas nas que lembramos os anos que a familia Castro Murguía viviu na Coruña cando Manuel M. Murguía foi traballar ao Arquivo do Reino de Galicia en 1871. Fano entre 1871 e 1874, na casa número tres da rúa do Príncipe. Alí naceu a única filla coruñesa do matrimonio: Amara (1873-1921).
A esa casa da Cidade Vella e á estancia de Rosalía na Coruña vincúlanse dous poemas importantes dentro da obra rosaliana e que a autora incorpora a Follas novas (1880). Un deles é o asinado expresamente na Coruña en 1971 con este título: “Na tomba do xeneral inglés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña (Coruña) o 16 de xaneiro de 1809”. O outro é “Pra A Habana”, que encabeza o libro de Follas novas que leva por título “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”.
PROGRAMA
Mércores 10 de novembro
12.00 Inauguración da exposición “A Casa de Galicia. Cincuenta anos da Casa de Rosalía”. [Xardíns de Méndez Núñez]
19.00. Conferencia “A vida de Rosalía de Castro na Coruña: un tempo histórico decisivo”, por Pilar García Negro [Circo de Artesáns]
Xoves 11 de novembro
18.00 Concerto de “Rosalía Pequeniña” (Uxía) [Teatro Rosalía]
20.00 Concerto de Najla Shami [Teatro Rosalía]
Venres 12 de novembro
18.00 “A Coruña no tempo de Rosalía e Murguía”, roteiro guiado por Suso Martínez. [Saída do Xardín de San Carlos e chegada ao Circo de Artesáns. Capacidade limitada a 30 persoas]
20.00. Conferencia “Murguía na Coruña e a fundación da RAG”, por Xosé Luís Axeitos [Circo de Artesáns]
***Todas as actividades son de entrada libre ata completar capacidade