A Casa de Rosalía acolle ao longo do ano numerosas actividades culturais e/ou académicas. Desde presentacións de traballos e obras relacionadas con Rosalía ata concertos, conferencias, exposicións, visitas guiadas, etc.
Tamén lle damos abeiro a actividades doutras entidades e estamos abertos á colaboración con todos aqueles colectivos que compartan con nós obxectivos e valores.
Eis unha listaxe dos principais proxectos e actividades que levou adiante esta Fundación desde 2012:
-
- Reforma e acondicionamento do interior da Casa Museo.
- Renovación do discurso museolóxico e museográfico, coa incorporación de novas tecnoloxías e a musealización dun amplo repertorio de novas pezas adquiridas ou cedidas.
- Renovación da páxina web e presenza nas redes sociais.
- Organización da exposición “No principio foi o verso” celebrada en Vigo con motivo dos 150 anos de Cantares gallegos.
- Descuberta e compra dun exemplar único da obra que contiña unha foto, un texto autógrafo e unha carta inéditos.
- Acondicionamento dun novo espazo para o Arquivo da Fundación.
- Ordenación, catalogación e dixitalización de todo o fondo documental histórico.
- Obras de accesibilidade á Casa Museo e ás súas instalacións.
- Celebración do Día de Rosalía: Alborada e Caldo de Gloria.
- Homenaxe do mar a Rosalía: “Inchadiña branca vela”.
- Concurso Escolar de poesía Rosalía de Castro
- Edición da revista Follas novas de estudos rosalianos.
- Compra de diferentes pezas de Ovidio Murguía.
- Incorporación do fondo documental das familias Pardellas de Blas e Baltar Feijóo.
- Celebración dos Encontros na Casa de Rosalía coa Universidade de Vigo.
- Posta en marcha do festival Abride a Fiestra, desde 2018
- Posta en marcha de “Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües”
- Posta en marcha do Roteiro Rosaliano “De Padrón polos camiños”
- Posta en marcha da Tenda da Casa de Rosalía
- Publicacións: Obra completa, O Xardín da Casa de Rosalía, Espistolario de Manuel Murguía III, …
- Concertos, presentacións, exposicións, conferencias, teatralizacións, visitas guiadas…