López Sández, Ana Acuña e Xosé Lapido, novos membros da Fundación
O pasado venres 6 de novembro celebrouse un novo plenario da Fundación Rosalía de Castro no que se decidiu a entrada de tres novos padroeiros: as profesoras María López Sández e Ana Acuña, e o poeta Xosé García Lapido.

Desde o pasado venres temos novos integrantes do Padroado da Fundación Rosalía de Castro, que foron aprobados por unanimidade polo plenario. Tanto López Sández como Acuña e García Lapido xa viñan colaborando con esta institución de diferentes xeitos e agora intégranse no seu principal órgano.
Ana López Sández é profesora de ensino secundario e da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ensaísta e narradora.
Ana Acuña Trabazo é profesora da Universidade de Vigo e investigadora.
Xosé García Lapido é un poeta padronés e activista cultural. Foi presidente da histórica asociación cultural O Sacho.