Gañadores do VI Concurso de Poesía
A Fundación Rosalía e El Corte Inglés deron a coñecer hoxe os gañadores do VI Concurso Escolar de Poesía, que son naturais de Vigo, Brión e A Fonsagrada respectivamente: Mario Vázquez, Daniel Souto e Fabián Niño. Os premios serán entregados o venres día 8 de xuño na Casa-Museo.
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron hoxe a coñecer os gañadores das tres categorías do VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado. Os afortunados foron: Mario Vázquez (Vigo), Daniel Souto (Brión) e Fabián Niño (A Fonsagrada).
Esta mañá reuniuse o xurado, formado pola profesora Chus Senín, os escritores Manuel Lorenzo Baleirón e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia, que actuou como secretario.
Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas:
Categoría 1º ciclo da ESO
– Gañador: Mario Vázquez, Colexio Andersen, Valadares, Vigo (“Flores de fume”)
– 1º áccesit: Ainhoa Pereiras, IES Manuel García Barros, A Estrada (“Quen sabe”)
– 2º áccesit: Marina Collazo Couñago, IES Pedro Floriani, Vilaboa (“Verdades”)
Categoría 2º ciclo da ESO
– Gañador: Daniel Souto Pazó, IES Brión (“Multiversos”)
– 1º áccesit: Andrea Sanjurjo Martínez, IES Pobra do Caramiñal (“Tenebris”)
– 2º áccesit: Laura Domínguez, Colexio Alba, Vigo (“Pedimos axuda gritando calados”)
Categoría Bacharelato
– Gañador: Fabián Niño, IES Fontán Albei, A Fonsagrada (“Pregravitación”)
– 1º áccesit: Isolda Comesaña, IES Alexandre Bóveda, Vigo (“De pé”)
– 2º áccesit: María Quinteiro Fagín, IES San Clemente, Negreira (“Decembro”)
En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.
Os premios serán entregados o venres día 8 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón ás 19h, onde os premiados e premiadas recitarán os seus poemas.