Descubertos novos textos inéditos de Rosalía
Trátase de varias pezas manuscritas en castelán dos seus últimos anos atopadas pola profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama.
A Real Academia Galega informou onte en rolda de prensa da descuberta de novos textos inéditos de Rosalía de Castro. O achado consiste en varias pezas manuscritas en castelán dos seus últimos anos, atopadas pola profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama, no Arquivo da Real Academia Galega.
A través de video-conferencia, segundo publica a web da Real Academia Galega, a profesora explicou a importancia do achado: “Sendo todo o conxunto dun interese considerable, ben por presentar algunha variante puntual das versións publicadas ou ben para o estudo grafolóxico polas considerables variacións da letra que presentan, é o último manuscrito o que chama a atención polo extraordinario valor da información que ofrece ese encabezamento e a nova perspectiva que deita sobre as poesías finais engadidas por Murguía ao preparar a segunda edición de ‘En las orillas del Sar'”.
Para a profesora Lama, o poema recollido manifesta a intención de Rosalía de publicar un formaban parte dun proxecto para publicar un novo libro: “Sen embargo, nese título de ‘Postrimerías’, delatábase a conciencia da autora de que sería o derradeiro”.
Máis información na web da RAG.