Concurso escolar de poesía “Rosalía de Castro”
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés convocan un concurso de poesía para o alumnado de Secundaria e de Bacharelato.
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés convocan un concurso de poesía para o alumnado de Secundaria e de Bacharelato con motivo da conmemoración do 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’ e para difundir no mundo escolar a relevancia desta obra e da súa autora.
Este concurso foi presentado hoxe venres, 26 de abril, no Corte Inglés de Vigo, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.
As bases establecen tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e Bacharelato. As obras estarán redactadas en galego, o tema e a forma poética son libres e a súa extensión máxima é de 50 versos.
O prazo de admisión de orixinais remata o 17 de maio. En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio levará un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.
Velaquí as bases do concurso en PDF.