Pereiras de Avelino Pousa Antelo

Pereiras de Avelino Pousa Antelo

Pyrus communis L. (Europa, Asia Menor)

Árbore memorable. Enxertada por Avelino Pousa na década de 1970 con peras urracas da casa natal de Arzón/A Baña. 

Vista recente dunha das pereiras de Avelino Pousa Antelo, situadas na parcela menor do xardín do Centenario, enxertadas con pugas de peras urracas

Así explica Pousa Antelo a súa conexión coa Casa da Matanza: “Visiteina varias veces cos meus filos e cos meus alumnos e convertinme nun habitual asistente das conmemoracións rosalianas; mesmo inxertei unhas pereiras con pugas de peras urracas que trouxen da horta de meus pais no meu natal Val de Barcala”.