Oliveira de Camilo Agrasar Vidal

Imaxe recenta da oliveira
Olea europaea L. (Rexión mediterránea)
Árbore memorable. En recordo das Oliveiras do Cemiterio de Adina. Plantada na década de 1960 por Camilo Agrasar Vidal.
Imaxe recenta da oliveira
Plantada antes da apertura da Casa-Museo, é unha árbore de apreciable arquitectura copal plantada por Camilo Agrasar para deixar constancia e testemuño do culto por ela profesado ás oliveiras do Cemiterio de Adina: “Moito te quixen un tempo, / simiterio encantador, / cos teus olivos escuros, / máis vellos cos meus abós”.
Imaxe da oliveira en 1999