A Deputación da Coruña, comprometida co remate das obras na Casa-Museo

A Deputación da Coruña, comprometida co remate das obras na Casa-Museo

A Deputación da Coruña financiará o remate do novo proxecto museolóxico da Casa-Museo de Rosalía. Esta institución achegará máis de 33.000 euros (80% do total), que permitirán facer as obras necesarias no primeiro andar e reinaugurar a Casa a comezos do ano vindeiro.

O piano da familia Castro-Murguía, xa na Casa-Museo

O piano da familia Castro-Murguía, xa na Casa-Museo

O piano da familia Castro-Murguía vén de ser cedido pola Coral Follas Novas da Coruña á Fundación Rosalía, logo de ser restaurado. Ademais, recibimos xa na Casa o cadro ‘Árbore de montaña’ de Ovidio Murguía.
Padrón, 1 de xullo de 2016.