Xa hai gañadoras do III Concurso Escolar de Poesía
A Fundación Rosalía e El Corte Inglés deron a coñecer as gañadoras do III Concurso Escolar de Poesía, que son naturais de Porriño, Moraña e Cambre.
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron hoxe a coñecer as gañadoras das tres categorías do III Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado. As afortunadas foron: Sara Norniella (O Porriño), Fátima Barros (Moraña) e Lucía Cernadas (Cambre).
Esta mañá reuniuse o xurado, formado polos escritores Neves Soutelo, Elvira Ribeiro e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.
Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas:
Categoría 1º ciclo da ESO
- Gañador: Sara Norniella López, IES Ribeira do Louro, O Porriño
- 1º áccesit: Inés Gómez Mateos, Colexio Obradoiro, A Coruña
- 2º áccesit: David Carballo Rodríguez, IES Fernando Wirtz Suárez, A Coruña
Categoría 2º ciclo da ESO
- Gañadora: Fátima Barros Monteagudo, CPI Santa Lucía de Moraña, Moraña
- 1º áccesit: Alex Barreiro Soto, IES Fernando Wirtz Suárez, A Coruña
- 2º áccesit: Marieta Orol, Centro Educativo Galén, Lugo
Categoría Bacharelato
- Gañadora: Lucía Cernadas Varela, IES Alfonso I O Sabio, Cambre
- 1º áccesit: Marcela Porto Mato, Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela), A Estrada
- 2º áccesit: Marisol Mejuto Prego, CPR Maristas Cristo Rey, A Coruña
En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.
Os premios serán entregados o venres día 12 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón ás 20h.