Xa hai gañadoras do Concurso Escolar de Poesía
As gañadoras son: Fátima Barros (Moraña), Marcela Porto (A Estrada) e María Vilas (Rois). Os premios serán entregados o vindeiro sábado na Casa-Museo de Rosalía en Padrón.
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron hoxe a coñecer os gañadores das tres categorías do Concurso de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado. As afortunadas foron: Fátima Barros (Moraña), Marcela Porto (A Estrada) e María Vilas (Rois).
Esta mañá reuniuse o xurado, formado polos escritores Elvira Riveiro, Manuel Lorenzo e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.
Velaquí a listaxe completa de premiados/as:
Categoría 1º ciclo da ESO
Gañadora: Fátima Barros, CPI Santa Lucía, Moraña
1º áccesit: Manuel González, IES Rosais 2, Vigo
2º áccesit: Carlota López, Colexio Obradoiro, A Coruña
Categoría 2º ciclo da ESO
Gañadora: Marcela Porto, Colexio Peleteiro (natural de A Estrada)
1º áccesit: Darío Miranda, IES Maximino Romero Lema, Zas
2º áccesit: Manuel Fuentes, Liceo La Paz, A Coruña
Categoría Bacharelato
Gañadora: María Vilas, IES Macías O Namorado, Padrón (natural de Rois)
1º áccesit: Alba María Rodríguez, IES Santo Tomé do Freixeiro, Vigo
2º áccesit: Daniel Amarelo, IES Terra de Trasancos, Narón
En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.
Os premios serán entregados o vindeiro sábado na Casa-Museo de Rosalía en Padrón.