Visitamos a nova balconada na Feira do Moble

Visitamos a nova balconada na Feira do Moble

O presidente da Fundación Rosalía visitou na Feira do Moble o balcón que fixeron os alumnos da Estrada para a Casa-Museo. Estará instalado aproximadamente no prazo dun mes.

Este mediodía o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, visitou na Feira do Moble o balcón de madeira case rematado que fixeron os alumnos e mestres da especialidade de Carpintaría e Moble do IES Losada Diéguez da Estrada para a Casa Museo Rosalía de Castro.  Estiveron con el varios estudantes implicados no traballo, os mestres e tres concelleiros da Estrada: Juan Constenla, de Cultura; Nemesio Rey, de Feiras e Mercados; e Amalia Goldar, de Educación.

A balconada, que está practicamente rematada, está feita en madeira de castiñeiro do país. Os rapaces do IES Losada Diéguez levan traballando nela menos dun ano durante as súas prácticas académicas. A actual, moi deteriorada logo de 40 anos de uso, será substituida pola nova no prazo aproximado de un mes.

O obxectivo é recuperar o estilo da balconada primitiva, que se pode ver perfectamente nas fotos anteriores a 1971, e facelo en madeira do país, cun tratamente protector que a  faga o máis duradoira posible. Tanto os alumnos do Ciclo Medio de Carpintaría e Moble do IES Losada Diéguez da Estrada, como os seus profesores Xosé Xoán Blanco, Xosé Ramón González e Xosé Magariños, amosáronse orgullosos de levar adiante un proxecto que ten unha aplicación tan significada na emblemática Casa de Rosalía.

 balconada-feiramoble2