Small Stations publica ‘Cantares’ en búlgaro

A editorial inglesa Small Stations Press vén de publicar en búlgaro ‘Cantares gallegos’, o poemario de Rosalía de Castro que marca o inicio do Rexurdimento galego. A mesma casa sacou do prelo o ano pasado este mesmo libro en inglés, verquido pola poeta canadiana Erín Moure.

cantares-bulgaro

A obra foi traducida pola poeta búlgara Tsvetanka Elenkova, responsable tamén de ‘A poesía completa’ de Lois Pereiro. Ademais, entre outros autores, traduciu a Raymond Carver e Fiona Sampson do inglés, e editou dúas escolmas da poesía búlgara contemporánea, unha para o mercado anglosaxón, ‘At the End of the World: Contemporary Poetry from Bulgaria’ (tradución de Jonathan Dunne), e outra para a revista serbia Polja. É coñecida poeta en Bulgaria, con catro poemarios (dous traducidos ao inglés tamén por Dunne, ‘The Seventh Gesture’ e ‘Crookedness’) e dous libros de ensaios. Os seus poemas aparecen no último número da revista Luzes.

Small Stations é unha editorial inglesa, liderada polo galicianista Jonathan Dunne e pola propia Tsvetanka Elenkova, que ten publicado múltiples obras galegas de escritores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rivas, Elena Gallego, Agustín Fernández Paz ou Lois Pereiro, entre outros.