Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo.
No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (Xerais, 1996), Bágoas de facer illas (Xerais, 1997), Libro da Vertixe (1997), Pensa nao (Premio Xerais de Novela 1999), Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2002), A morte de A. (Xerais, 2003), Fóra do sagrado (Xerais, 2007) e Iria (2012).
Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento (2013) ou Rexurdimento: a palabra e a idea (2019). Sobre Rosalía, ademais de diferentes artigos e antoloxías publicou as edicións críticas de Cantares gallegos (2013), Follas novas (2016) e En las orillas de Sar (2019).
En 2010 ingresou na Fundación Rosalía de Castro ocupando o posto de vocal e membro da executiva en substitución de Avelino Abuín de Tembra. En xuño de 2012 foi elixido presidente da institución.