Gala Murguía, sentada, con varios membros do Padroado na horta da Casa de Rosalía
Presidencia
O actual Presidente da Fundación é o escritor Anxo Angueira Viturro

A Fundación réxese por unha Presidencia elixida polo Padroado entre os seus membros. Esta integrará unha Comisión Executiva, composta pola propia Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesouraría e varias vogalías. No seu equipo de persoal conta con dúas traballadoras.

O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación. Está composto por quince membros institucionais e por persoeiros/as da cultura que teñan especial vinculación coa obra de Rosalía de Castro.

O Padroado designará de entre os seus membros un Presidente, un ou varios Vicepresidentes, un Secretario e un Tesoureiro. Designará tamén unha Comisión Executiva.

As funcións da Comisión Executiva son as de xestión ordinaria dos asuntos da Fundación, de adopción de Acordos por razón de urxencia dando ulterior conta ao Padroado e as que este delegue.


O Padroado

Na actualidade conforman o Padroado da Fundación Rosalía de Castro as seguintes persoas e representacións de institucións:

Representación institucional

  • Xunta de Galicia
  • Deputación Provincial da Coruña
  • Consello da Cultura Galega
  • Real Academia Galega
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Concello de Padrón
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo
  • Museo do Pobo Galego
  • Museo de Pontevedra
  • Seminario de Estudos Galegos

Persoas

  • Anxo Angueira Viturro
  • Ana Blanco Gómez
  • Xosé Carlos Beiró Piñeiro
  • Justo Cortizo Sóñora
  • Xosé Luís Axeitos Agrelo
  • Ernesto Baltar García-Peñuela
  • Masito Beiró Martínez
  • Lydia Fontoira Surís
  • Pilar García Negro
  • Manuel Lorenzo Baleirón
  • Ramón Lorenzo Vázquez
  • Xosé Luís Méndez Ferrín
  • María Xesús Pato Díaz
  • María López Sández
  • Ana Acuña Trabazo
  • Xosé García Lapido
  • Rita Bugallo González
  • Miguel Lois Barreiro

A comisión executiva

Anxo Angueira Viturro
Presidente

Ana Blanco Gómez
Vicepresidenta

Xosé Carlos Beiró Piñeiro
Secretario

Xosé García Lapido
Tesoureiro

Xosé Luís Axeitos Agrelo
Vogal