
A creación do CER foi acordada no Plenario de19 de decembro de 1997, estipulando a súa inauguración para o 15 de xullo de 1999. Fíxose ao abeiro do artigo 6 dos estatutos, que establece, entre os fins da Fundación, “fomentar, soster e difundir o culto á memoria de Rosalía de Castro, do seu esposo Manuel Martínez Murguía e dos seus fillos; promover o estudio, edición e divulgación da súa obra e vida, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior, creando un Centro de Estudios na mesma sede da Fundación”.As tarefas enconmendadas ao CER son:
a) Rosalía de Castro
- Estudios da súa vida
- Estudios da súa obra.
- Edición e divulgación dos seus textos.
- O nome e a obra de Rosalía post mortem.
b) Vida e obra de Murguía e dos fillos (especialmente Ovidio e Alexandra).
c) Estudos dos escritores e das obras (galegos especialmente) que, dun xeito ou outro, iluminen algún aspecto de Rosalía.
O proxecto abrangue:
– Bibliotecas:
- Rosaliana que inclúa traducións, estudios publicados e inéditos, catálogos, programas de actos ,etc.
- Selectiva do XIX literario galego
– Publicacións
- Anuario de Estudios Rosalianos (AER).
- Rosalía de Castro: Bibliografía activa
- Rosalía de Castro: Bibliografía pasiva.
- Edición escolar de ‘Cantares gallegos’, ‘Follas novas’ e outros títulos de Rosalía.
– Simposio rosaliano para estimular entre os especialistas e os licenciados mozos o estudio de parcelas (da vida e da obra) pouco atendidas polos eruditos.
– Promover traduccións de libros ou escolmas nos países ou ámbitos idiomáticos onde Rosalía non estea debidamente coñecida ou valorada.