Filtrar:
Rosalía e a cociña

Rosalía e a cociña

Autor: Xavier Rodríguez Baixeras

Páxinas: 96

Encadernación: Tapa branda con lapelas

Edita: Fundacion Rosalía de Castro

Idioma: Galego

ISBN: 978-84-87668-48-7

Dentro do que é a propia Casa de Rosalía, a cociña debe considerarse un espazo especialmente relevante. A autora, tanto en Cantares gallegos coma en Follas Novas, escribe páxinas importantes sobre a cociña popular galega, descrita na súa ampla diversidade. Á nosa autora interésalle a alimentación e a gastronomía como unha importante manifestación cultural pero tamén como espello social e crítico. Esta obra, ademais, ten o valor engadido de nos ofrecer receitas a partir dos textos da autora, ás que se lle pon de ramo un menú rosaliano.