Rosalía cantada
Intérpretes: Eliseu Mera, barítono, e Cándido Cabaleiro, pianista
Contido: Libriño + CD
Publicacion: Audio libro nunha caixa
Edita: Fundacion Rosalía de Castro
Idioma: Galego
Doce poemas de Rosalía musicados e interpretados por Eliseu Mera (barítono) e Cándido Cabaleiro (piano). Os doce temas están compostos por Juan Montes, Xosé Baldomir, Antón García Abril, Juan Durán, Octavio Vázquez e Fernando Buide.
Di Eliseu Mera: “Rosalía de Castro ten un papel fundamental como inspiradora da canción de cámara galega. Para alén da forza da súa poesía, convén acrecentarmos certas curiosidades, como a súa afección pola música, a súa admiración por Heine ou a escolla de “Lieders” como título para ese grande manifesto feminista”.
[SÓ Á VENDA NA CASA DE ROSALÍA]