Filtrar:
O herbario de Rosalía

O herbario de Rosalía

Autoría: María López Sández, Mª Isabel Fraga Vila e Miguel Fraga Vila (fotografias)

Páxinas: 208

Encadernación: Tapa branda con lapelas

Edita: Fundacion Rosalía de Castro

Idioma: Galego

ISBN: 978-84-87668-54-8

Rosalía de Castro converteuse nunha das grandes cantoras da nosa paisaxe. A súa obra mestura, de xeito maxistral, tres ingredientes (as xentes, a natureza e o idioma), combinados a través dun tratamento que, sen renunciar á orixinalidade, entronca cos profundos cambios culturais que no século XIX reconfiguraron a relación do ser humano co medio. Os seus versos, en perpetuo diálogo cos elementos máis humildes, renden tributo á rosa e elevan o carballo ao papel de símbolo sagrado. Os toxos, as silveiras, as flores ventureiras, as herbas do camposanto e os valados e hortalizas como a verza e cereais coma o trigo son protagonistas do seu proceso de creación. A evanescencia da rosa, a permanencia da árbore, o existencial, o amoroso e o colectivo fúndense na paisaxe que transita nas súas páxinas e que hoxe, desde os eidos floridos que ela cantou, evoca en nós ecos dos seus versos.