O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo
Autora: María Pilar Garcia Negro
Páxinas: 180
Encadernación: Tapa branda
Edita: Fundacion Rosalía de Castro
Idioma: Galego
Colección: Anexos da Revista de Estudos Rosalianos Follas Novas. Nº: 1.
ISBN: 978-84-87668-60-9
Rosalía de Castro (1837-1885) é a escritora que inaugura o ensaio na literatura galega contemporánea.
Así o certifican os paratextos iniciais de Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880), que son moito máis do que prólogos ao uso. Tal innovación demostra o carácter profundamente intelectual dunha obra literaria que se pensa e se explica a si mesma e que a autora coloca a pé feito ao servizo da patria galega e da lingua galega. Igualmente brilla o seu papel pioneiro nunha conciencia de xénero que se revela (e se rebela), lúcida e recorrente, na reflexión avanzada sobre o ser muller, na apoloxía das súas conxéneres e na sororidade coa maioría social feminina, as mulleres traballadoras do seu pobo. É, sen dúbida, a primeira feminista da nación galega.