María Cardarelly, un lostrego na fotografía galega

O fotohistoriador Carlos Castelao publica un artigo sobre a importancia de María Cardarelly dentro do mundo da fotografía en Galicia, unha das primeiras fotógrafas en España. A súa dedicación foi fugaz, mais ficou gravada xa por sempre na memoria colectiva a través de Rosalía, precisamente ao contribuír dun xeito terreal á súa imaxe inmortal.